Canteiras de Muro

AUTORIZACIÓN DE RECEPCIÓN DE MATERIAIS EXTERNOS

CONTAMOS CON AUTORIZACIÓN PARA A VALORIZACIÓN DE MATERIAIS NATURAIS ESCAVADOS EMITIDA POLA CONSELLERÍA DE MEDIO, TERRITORIO E VIVENDA DA XUNTA DE GALICIA.

As actividades de restauración autorizadas pola Administración Mineira para esta canteira viran sobre a base do aproveitamento de materiais excedentes de obra que foron recollidos como autorizables pola Xunta de Galicia en informe emitido en data 23/07/2019 (Reg. Número: 2019/1118337 e RI: 2019/73221) dirixido ao Ministerio de Fomento, onde se indica que a canteira Costal Vello é a explotación mineira máis idónea para albergar excedentes de escavación procedentes de tuneladora e/o mina e/o desmonte, para a restauración morfolóxica, paisaxística e ambiental.

Conforme a iso, dispoñemos de autorización da Consellería de Medio conforme á cal podemos recibir materiais naturais escavados de obras diversas para logo utilizalos na restauración do noso oco mineiro. A gran volumetría deste oco permite amorear máis de tres millóns de toneladas de materiais da mencionada tipoloxía, o que nos converte no destino máis idóneo para as empresas de obra covil que deban acometer obras que xeren unha importante cantidade dos mesmos.

Agente de residuos no peligrosos LU-I-NP-AR-00012

Gestor de Valoración de Materiales Excavados (LER 170504) Nº: LU-I-NP-XV-00022

Transportista Profesional de Residuos No Peligrosos Nº: LU-I-NP-TP-000654

Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.