Nosa empresa

VINCULADOS AO SECTOR DA OBRA PÚBLICA E DA CONSTRUCIÓN

empresa mineira de amplo percorrido, arraigada no corazón de Galicia

NOSA EMPRESA

Canteiras de Muro S.l. é unha empresa mineira de amplo percorrido, arraigada no corazón de Galicia, nas proximidades da cidade de Lugo. Foi constituída inicialmente baixo a denominación de “Canteiras Irmáns Doncel, S.L.” no ano 1988 para, posteriormente, adquirir a súa actual denominación.

Desde fai máis de corenta anos dedicámonos á explotación mineira, especializándonos no sector dos áridos e, concretamente, na extracción, transformación e comercialización da súa tipoloxía granítica. Trátase de áridos de natureza silícea correspondentes a rocas de tipoloxía ígnea.

A nosa empresa atópase vinculada fortemente ao sector da obra pública e da construción a través dunha ampla gama de produtos que fornecen ao mercado provincial desde hai anos. A categoría dos nosos produtos e a competitividade dos nosos prezos convertéronnos nun referente no sector facilitando a nosa implantación na zona sur da provincia de Lugo.

Dispoñemos dunha explotación mineira en funcionamento, a canteira “Costal Vello”, que ocupa unha superficie de máis de quince hectáreas e conta con todas as autorizacións legais esixibles.

ONDE SITUARNOS

A nosa canteira está situada na paraxe do “Monte de Costal Vello”, situado entre as parroquias de San juan de Muro e San Pedro de Ronfe, pertencentes ambas ao termo municipal de Láncara, na provincia de Lugo.

A localización real vén dada polas coordenadas UTM ETRS89 629.080/4.745.457. Para chegar a ela desde a capital provincial sáese pola estrada nacional N-VI dirección Madrid e na localidade de Nadela tómase un desvío á dereita para coller a CG-2.2, pola que se continua ata chegar a Poboa de San Julián, capital do municipio de Láncara. Atravesando esta, tómase a estrada LU 27-03 en dirección Carracedo e a uns dous quilómetros e medio, no lugar de Puidiña, tómase un desvío a man dereita por unha pista local asfaltada que conduce á explotación.

Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.